Voluntariado
Quen somos:
A Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, nace das necesidades dun grupo de familias que queremos involucrarnos en maior medida na defensa dos dereitos das persoas menores de idade que están no sistema de protección público. Por isto, acordamos asociarnos e así establecer un marco organizado e formal para colaborar e apoiar á Administración pública e a outras entidades integrantes da rede formal de protección que traballa en prol dos nenos, nenas e adolescentes. Todas e cada unha das partes integrantes neste sistema son necesarias para velar polos dereitos e intereses das persoas en xeral, e das máis vulnerables, en particular.
“Vivir en familia non só é un dereito fundamental, senón tamén, o xeito máis eficaz de garantir o adecuado desenvolvemento da infancia e a adolescencia e a satisfacción das súas necesidades”. Ter experiencias de vida familiar tamén contribúe de xeito positivo no desenvolvemento social e afectivo das crianzas e adolescentes.
A quen va dirixido:
- A todo aquel que queira transmitir de xeito efectivo os fins e valores de Acougo.
- Definir e consolidar programas de participación de voluntariado para dar respostas ás necesidades sociais.
- Fortalecer o traballo de Acougo sobre o acollemento familiar a través do voluntariado.
Quen pode colaborar:
Calquera persoa maior de 16 anos que queira dedicar parte do seu tempo a:
- Difundir o acollemento familiar como a mellor medida do sistema de protección.
- Acompañar aos nenos, nenas e adolescentes do sistema de protección na realización de actividades de ocio positivas, socializadoras e saudables.
- Apoiar as familias acolledoras e de orixe nos proyectos propostos dende Acougo.
Consideramos como principios básicos, no desenvolvemento da actividade do voluntariado:
- Participación: as persoas voluntarias deben participar activamente, nas actividades propias asignadas, na súa organización e na avaliación das mesmas.
- Compromiso: as persoas voluntarias deben estar comprometidas cos fins e obxectivos da nosa entidade.
- Motivación: as persoas voluntarias deben estar motivadas para poder participar nas nosas actividades.
- Dispoñibilidade: as persoas voluntarias deben ter unha adecuada dedicación en base ao acordado no compromiso inicial.
- Capacitación: realizaremos a formación básica e continuada que consideramos imprescindible para o desenvolvemento das actividades coa maior calidade posible.
Poboación destinataria según segmento de idade:
- Infantil
- Xuvenil
- Adulta
- Maior
Poboación destinataria segundo o sexo:
- Mujeres
- Hombres
Áreas de intervención:
- Vol. e Inclusión social
- Vol. e infancia
- Vol. e cooperación
Ámbitos do voluntariado:
- Entidades de iniciativa social e voluntariado
- Educación e voluntariado
- Responsabilidad social corporativa
Compartir o contido das nosas redes Sociais para chegar a mais xente
Colaborar na elaboración de materiais e contados para redes Sociais
Participar nas acción de difusión nas que o equipo profesional de ACOUGO transmite á sociedade que é o acollemento familiar e como funciona.
Apoiar no programa “acollendo o acollemento” de sensibilización en centros escolares
Achegar o acllemento familiar coma “Persoa Chave” ao resto da comunidad (dar acceso a centros escolares, a entidades, a concellos, a diferentes administracións,…)
Colaborar na organización dos diferentes eventos que se realicen para sensibilizar en materia de acollemento familiar
Colaborar con ACOUGO na organización, planificación e desenvolvemento de encontros de familias acolledoras
Realizar as actividades de conciliación familiar nas reunións e actividades con familias
Axudar a xestionar o banco de recursos para as familias acolledoras e de orixe (ropa, xoguetes, material de puericultura,…)
Compartar a túa experiencia en acollemento familiar (se xa es familia como “Familia Experta” intervindo en diferentes eventos compartindo experiencias, participando no grupo de whatsapp…
Colaborar na realización de actividades e conciliación para familias acolledores e de orixe
Acompañar na realización de actividades en encontros entre irmáns e irmás.
Acompañar na realización de actividades de “Ocio positivo entre iguaís” con crianzas e adolescentes do sistema de protección.
Realizar actividades de reforzo educativo para crianzas con necesidades educativas en acollida
Colaborar na realización de actividades para as crianzas e adolescentes do sistema de protección.
