ACOUGO
A Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, nace das necesidades dun grupo de familias de acollida que queremos involucrarnos en maior medida na defensa dos dereitos da infancia y adolescencia que están no sistema de protección público.
Tanto en España como en Galicia temos un número elevadísimo de NNA institucionalizados. España é o terceiro país da UE nesteránking.
A lei di que os nenos e as nenas menores de 3 anos non poden vivir en centros residenciais. A partires do ano 2026 non poderá estar institucionalizada ningunhapersoa menor de 6 años e despois do ano 2030, ningunha menor de 10 anos. Todos estes datos están moilonxe da realidade.
Temos, polo tanto, moitotraballo por diante como sociedade!!
Por isto acordamos asociarnos e así establecer un marco organizado e profesional para colaborar e apoiar a Administración e a outras entidades integrantes no sistema formal que traballa en prol dos nenos, nenas e adolescentes.
Dende a súa constitución, ACOUGO conta cunhaxunta directiva moi comprometida e participativa.
Nútrese, ademáis, do capital humano que lle aporta o persoal voluntario (máis de 60 no ano 2023) e da aportacións das 81 familias asociadas.
Estas colaboracións fan posible que ACOUGO poida prestar atención a familias que se atopan dentro do programa de acollemento familiar, entidades públicas e privadas oupersoas da sociedade civil que, por diversos motivos queren información, formación ouxestións no eido de protección de menores e/ou sobre a medida concreta do acollemento familiar, tanto en familia allea como en extensa.
A este labor tamén aportan o equipo profesional multidisciplinar de ACOUGO, formado por 12persoasde ámbitos profesionais diferenciados e cunha longa traxectoria no traballo con menores e familias.
Todos xuntosloitamos por acadar un cambio de paradigma social, onde se conciencie á sociedade de que as persoas non se configuran como “propiedade de ninguén”, nin tan sequera, as persoas menores de idade. Que aíndatendodereito a unhafamilia , cando a familia de orixe non se pode facer cargo da súa crianza, non teña por que romper os vínculos coas súas raíces. E se lles respecte a relación, sempre que sexa posible, coseu entorno, configurando así unharealidadena que estas crianzas teñan a oportunidade incluso de ter dúas familias, en lugar dunha, ouningunha.
Cremos firmemente, dende a nosa experiencia e coñecementos, que traballandoco «interese superior da infancia» como lema, e acompañando dende a proximidadeás novas familias acolledoras, poderemos crear un ambiente de confort e seguridade que favoreza que se estime o acollemento familiar como alternativa.
QUE QUEREMOS?
Os obxectivos dos nosos programas son:
- Achegar á sociedade a realidade dos nenos, nenas e adolescentes (NNA) en situación de desprotección e xerar unha cultura de acollemento.
- Ofrecer formación e recursos aos profesionais e ás familias implicadas nesta realidade.
- Acompañar e dotar de ferramentas ás crianzas do sistema de protección, ás familias de orixe, ás familias acolledoras, aos equipos educativos de centros e aos equipos técnicos.
- Promover e desenvolver políticas que protexan, garantan os dereitos e integren a todas as partes implicadas no sistema de protección: NNA , as súas familias de orixe, as familias acolledoras e as persoas ex-tuteladas.
- Instar, apoiar e axudar ás Administracións Autonómicas competentes na materia a desinstitucionalizar a todas as crianzas menores de 6 anos antes do 2026.
- Proxectar e potenciar actuacións e actividades de prevención da institucionalización.
QUE FACEMOS?
- Difusión e sensibilización
- Formación sobre protección á infancia e acollemento familiar.
- Medidas de apoioaoacollementofamiliar e residencial e aos NNA do sistema de protección.
- Participación e incidencia política.
- Medidas de desinstitucionalización.
- Medidas de prevención da institucionalización.
Queremos achegar ás catro provincias de Galicia a realidade das nenas, nenos e adolescentes que non poden vivir coas súas familias de orixe; e a alternativa do acollemento familiar, como a mellor medida de protección.
As nosas medidas de difusión son:
- Presentación do acollemento nos concellos de Galicia
- Charlas informativas en materia de acollemento.
- Proxección de documentais e realización de espectáculos de música e teatro
- Campañas públicas sobre o acollemento (día mundial do acollemento, dos dereitosd@snen@s (día do pixama), día da familia.
- Participación nas redes, na web e nos medios de comunicación social.
Queremos capacitar a todas persoas participantes, a través da aprendizaxe en materia de protección á infancia e adolescencia en xeral, e sobre acollemento familiar, en particular, a fin de que poidan manexar a información recibida de xeito independente e autónomo, adaptada a cada nivel, e así aumenten a súa participación social e se impliquen navisibilización e namellora do sistema.
A quen vai dirixida a nosa formación?:
- Alumnado de ensinanzas obrigatorias, ciclos de formación profesional, universitario e post-graduado.
- Familias acolledoras e de orixe
- Persoal técnico das administracións públicas
- Equipos profesionais do eido social e educativo
- Voluntariado
Dende ACOUGO ofrecemos apoio a todos os axentes involucrados no acollemento familiar coa fin de que as nenas, nenos e adolescentes transiten polo Sistema de Protección co menor impacto negativo posible. Estes son:
- Ás familias acolledoras que están no inicio, desenvolvemento ou despedida do proceso de acollemento, e tempo de agarda post acollida.
- Ás familias que están á espera de emprender a viaxe do acollemento familiar.
- Aos NNA do sistema de protección, tanto en acollemento familiar como en acollemento residencial.
- Ás familias de orixe.
- A persoas extuteladas.
- Ao persoal técnico de calqueira administración ou entidade pública ou privada que precise asesoramento relacionado co desenvolvemento social, educativo, xurídico, médico, laboral, etc de familias e nenas, nenos e adolescentes relacionadas co sistema de protección.
Que acción levamos a cabo como medidas de apoio?:
- Asesoramento, información e mediación nas xestións coas administracións públicas e/ououtras entidades.
- Acompañamento terapéutico e apoio psicosocial ás familias e crianzas en acollemento familiar.
- Actividades de ocio positivo e intelixencia emocional para os nenos, nenas e adolescentes dos centros residenciais.
- Actividades de familias: encontros de familias, fins de semana familiares, espazos de apoio e reflexión.
- Actividades de conciliación familiar: campamentos, respiros familiares, visitas entre irmáns, servizo de canguraxe, saídas lúdicas,...
- Banco de recursos para familias acolledoras e de orixe como un servizo de préstamo de roupa e enseres para a crianza.
Traballamos por acadar unha transformación social e un cambio de paradigma no Sistema de Protección de Infancia. Cun fío condutor totalmente INNOVADOR como é a erradicación dunha perspectiva adultocentrista, poñendo o foco no importante: as nenas, nenos e adolescentes e o "seu INTERÉSE SUPERIOR".
Por iso, o mellor que temos son os nosos grupos de participación infantil. Dende aí, proxectamos as múltiples actuacións que levamos a cabo nos eidos de dereitos sociais, educación, sanidade, xustiza, emprego... buscando e materializando compromisos políticos e actuacións concretas que den cumprimento ás leis existentes ou participando activamente nas propostas en proxectos de novas leis.
Esforzámonos para que exista unha transversalidade en todas as áreas de goberno, para que as políticas locais, autonómicas e estatais implementen medidas de discriminación positiva que faciliten o proceso de acollida e garantan o bo funcionamento do acollemento familiar. O sistema de protección debe ser responsabilidade de todas as administracións.
A importancia de asociarse e buscar unha solidez e apoio forte de base é algo fundamental, por iso somos membro da directiva da Asociación Estatal de Acollemento Familiar ASEAF.
Pertencemos á Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia POIG
ACOUGO participa activamente no grupo de traballo do Plan Estratégico Nacional de Desinstitucionalización e puxo en marcha en Galicia o programa “Un curso en familia”.
“Un curso en Familia” ten como obxectivo xerar alternativas aos NNA en acollemento residencial maiores de 12 anos. Supón deseñar un novo tipo de acollemento familiar cunha duración dun ano e ligado a un compromiso persoal co seu itinerario formativo por parte das persoas adolescentes participantes. Amplíase así a súa rede de apoio e ofréceselles unha experiencia en familia que facilite adquirir novos modelos de referencia no seu presente e futuro.
- Programa “Familias Plus”: “Familias que axudan a familias” É un recurso de apoio a familias que temporalmente se atopan en dificultades para a atención aosseusfillos e fillas, sen que istosupoñaunha desprotección, pero sí factores de riscoo que requirenunha intervención dos servizossociais básicos.
- Programa “Concurrent Planing”. É unha nova solución familiar consensuada de forma que cando un neno ou unha nena menor de 6 anos entra no sistema de protección, póñense en marcha dous procesos simultáneos (traballo coa familia de orixe para lograr o retorno e un recurso alternativo de coidado familiar permanente que se fai cargo d@ nen@ inmediatamente)
COLABORA CON NÓS
Para levar a cabo todos estes proxectos, necesarios para dar a coñecer a situación do sistema de protección de menores, precisamos unha serie de recursos humanos, recursos económicos e infraestruturas. Se queres colaborar, estarás facendo posible que isto continúe, medre, e cambie moitas vidas!!!
As nosas accións sociais non serían posibles sen o voso apoio económico.
Existen diferentes formas de colaborar con ACOUGO:
Cunha doazón.
Facéndote socio.
Facéndote voluntario.
Conventéndote en familia acolledora ou famillia de apoio.
Acougo destinará todos os esforzos e os fondos recibidos a protexer aos nenos, nenas e adolescentes do sistema de protección, e aos que están en risco, a velar polos seus dereitos e a difundir e apoiar o acollemento familiar como a mellor medida de protección.